QUEIXO CASTELO DE BRAÑAS EN FORUM GASTRONOMICO SANTIAGO 12
domingo, 4 de marzo de 2012 | Publicado por Encarna Lago en 12:37 0 comentarios
QUEIXO CASTELO DE BRAÑAS PRESENTE NAS DEGUSTACIÓNS DO PAIS DOS CEN QUEIXOS EN BARCELONA
Publicado por Encarna Lago en 5:21 0 comentarios
O QUEIXO DO CEBREIRO CASTELO VOTADO COMO O MELLOR DE ESPAÑA POLOS INTERNAUTAS
Queixo do
Publicado por Encarna Lago en 5:15 0 comentarios
Etiquetas: QUEIXO CASTELO DE BRAÑAS
Jesus Pérez Freijo o recuperador do queixo do Cebreiro declara que o seu obxetivo dende o inicio foi conseguir un produto co prestixio e a categoria que hoxe alcanzou de gran queixo . Que o coñeceran no pais e pouco a pouco ir ampliando mercado . Sen pretensións de grandes cantidades apostaron sempre na QUEIXERIA CASTELO pola tradición e a calidade contrastada
O programa Labranza entrevistou ao recuperador do queixo so Cebreiro: Jesús Perez Freijo
http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=28/04/2011%2013:45:49&fecha=17/04/2011&arquivo=1&programa=LABRANZA&id_programa=41&corte=&mp4=0&m
jueves, 28 de abril de 2011 | Publicado por Encarna Lago en 12:25 0 comentarios
Etiquetas: noticias
XIII CATA DE QUEIXOS GALEGOS: 13 ANOS GANANDO A CATA QUEIXO DO CEBREIRO CASTELO
lunes, 20 de diciembre de 2010 | Publicado por Encarna Lago en 13:58 0 comentarios
Etiquetas: PREMIOS Y DISTINCIONES
O QUEIXO DO CEBREIRO CASTELO FUE DEGUSTADO POR LOS PRINCIPES
Los Príncipes comieron gallo al estilo Emilia Pardo Bazán
07.11.2010 Almorzaron en el Hostal de los Reyes Católicos, donde también probaron el queso do Cebreiro
S.CUIÑA SANTIAGO
| Doña Letizia y don Felipe saludando a la multitud que se congregaba en el Obradoiro, en el momento de su llegada al Hostal de los Reyes Católicos, donde almorzaron con un grupo de autoridades FOTO: Antonio Hernández |
jueves, 11 de noviembre de 2010 | Publicado por Encarna Lago en 11:04 0 comentarios
Etiquetas: noticias
QUEIXO CASTELO GAÑADOR SEMPRE DURANTE ONCE ANOS CONSECUTIVOS DA MEDALLA DE OURO
miércoles, 6 de octubre de 2010 | Publicado por Encarna Lago en 14:56 0 comentarios
Etiquetas: noticias
QUEIXO DO CEBREIRO CASTELO AUTENTICO DE PEDRAFITA DO CEBREIRO
miércoles 18 de agosto de 2010
Queso de "O Cebreiro"
Mi suegro nació en un precioso pueblo de la provincia de Lugo, A Pía, rodeado de impresionantes montañas. Ayer hemos visitado a la abuela, y de vuelta a casa, parada obligada en la quesería de Pedrafita do Cebreiro, a comprar un queso típico de la zona.El Queso de O Cebreiro, DOP, es un queso fresco , no presenta corteza diferenciada, la masa es blanca y granulada, blanda, arcillosa al tacto, untuosa, fundente al paladar. Su sabor y aroma recuerdan al de la leche de la que proceden, ligeramente ácido.
En el año 1989 era un producto a punto de desaparecer, tan sólo un pequeño grupo de mujeres lo hacían para autoconsumo en sus casas.
En el año 1990 surge la primera quesería artesanal, "Castelo", y en el año 1991 se le concede la Denominación de Producto Gallego de Calidad
Totalmente natural sin conservantes ni aditivos. Tiene forma de hongo o gorro de cocinero.
Con el se pueden elaborar desde ensaladas, entrantes, carnes o pescados y por supuesto postres.En casa lo tomamos de postre con membrillo, miel o mermelada, está buenísimo y hoy nos hemos puesto las botas. Yo con mermelada de frambuesas y papá con miel y nueces. Riquísimo.
Publicado por Encarna Lago en 14:39 0 comentarios
Etiquetas: noticias
DOCE ANOS GANANDO A MEDALLA DE OURO NA CATA DOS QUEIXOS GALEGOS
Queixo do Cebreiro Castelo gana doce anos seguidos.... a medalla de ouro dos queixos .Na XII cata de queixos Galegos. Hoxe recolleron o premio en Vilalba.
viernes, 11 de diciembre de 2009 | Publicado por Encarna Lago en 10:10 0 comentarios
Etiquetas: noticias
RECETARIO EN GALEGO DE PLATOS FEITOS CON QUEIXO DO CEBREIRO CASTELO
domingo, 6 de diciembre de 2009 | Publicado por Encarna Lago en 13:59 0 comentarios
Etiquetas: RECETAS EN GALEGO
RECETAS HECHAS CON QUEIXO DO CEBREIRO CASTELO
jueves, 3 de diciembre de 2009 | Publicado por Encarna Lago en 15:25 0 comentarios
Etiquetas: RECETAS EN CASTELLANO
ENSINAMOS A FACER O NOSO QUEIXO A DISTINTOS COLECTIVOS
lunes, 21 de septiembre de 2009 | Publicado por Encarna Lago en 7:09 0 comentarios
Etiquetas: cursos
Recetas varias
CREMA DE QUEIXO DO CEBREIRO CON ANCHOAS
Ingredientes:
queixo do Cebreiro sen sal
1 lata de anchoas
Preparación:
Cóllense 3 ou 4 anchoas, pícanse moi miúdas e desfanse ben cun garfo.Nun recipiente fondo bótanse as anchoas desfeitas e un pouco de queixo do Cebreiro e esmágase todo cun garfo para obter unha pasta de aspecto cremoso. Vanse engadindo máis anchoas ó queixo e séguese traballando todo moi ben co garfo ata que a mestura adquira unha cor uniforme e non se noten os anaquiños de anchoa. Isto tamén se pode facer cun batedor. Próbase un pouco da mestura e engádeselle máis queixo ou máis anchoas segundo o gusto de cada un. Sérvese untada en anaquiños de pan de diferentes clases.
CREMA DE QUEIXO DO CEBREIRO CON NOCES E MEL
Ingredientes:
queixo do Cebreiro
unhas poucas noces
un pouco de mel
Preparación:
Pélanse as noces e pícanse en anaquiños moi pequenos. Cóllese un pouco de queixo e desfaise ben cun garfo ata que teña aspecto de crema. Engádenselle as noces ben picadas e vólvese mesturar todo moi ben. Repártese esta mestura sobre anaquiños de pan de diferentes clases e bótaselle o mel por enriba. Tamén se pode tomar como unha sobremesa, para isto sérvese a mestura de noces e queixo nun prato e ponse o mel por enriba.
CREMA DE QUEIXO DO CEBREIRO CON PEMENTOS
Ingredientes:
queixo do Cebreiro
1 lata de pementos morróns
un pouco de sal
Preparación:
Cóllese un pemento morrón, córtase en anaquiños moi pequenos e desfaise moi ben cun garfo. Bótase un pouco de queixo do Cebreiro nun recipiente fondo e reméxese moi ben esta mestura ata que non se noten os cachiños de pemento e a crema resultante presente unha cor uniforme. Engádese o sal, próbase e rectifícase ó gusto de cada un engadindo máis sal, pementos ou queixo. Sérvese untada en anaquiños de pan de diferentes clases.
CREMA DE QUEIXO DO CEBREIRO CON SALMÓN E GAMBAS
Ingredientes:
queixo do Cebreiro
salmón afumado
gambas
un pouco de sal
Preparación:
Cócense as gambas, pélanse e córtanse en anaquiños moi pequenos. Cóllese un pouco de queixo e desfaise cun garfo ata que teña aspecto de crema. Pícase o salmón e esmágase ben co garfo ata que estea ben desfeito. Mestúrase o queixo co salmón e séguese remexendo ata que case non se note o salmón. Bótanselle as gambas á mestura anterior e dáselle outra volta co garfo. Próbase e, segundo o gusto de cadaquén, bótaselle ou non un pouco de sal. Esta crema sérvese untada en anaquiños de pan de diferentes clases.
domingo, 20 de septiembre de 2009 | Publicado por Encarna Lago en 10:37 0 comentarios
Etiquetas: RECETAS EN GALEGO
VARIAS RECETAS
COSTRADA DE XAMÓN E QUEIXO DO CEBREIRO
Ingredientes para 4 persoas:
Para o recheo:
300 g. de xamón
200 g. de queixo do Cebreiro
100 g. de manteiga
1 xema de ovo
Para a pasta:
200 g. de fariña
200 g. de manteiga
sal
1 ovo
1 xema
Preparación:
Faise coa fariña un montonciño sobre a táboa, ábrese un burato no centro e vértese nel a manteiga derretida, unha xema, un ovo enteiro, un chisco de sal. Amásase rapidamente ata que todos os ingredientes queden ben mesturados e déixase repousar a masa durante media hora. Esténdese a masa formando unha folla non moi fina e reservando un pouco nas beiras. Pícase o xamón en anacos grosos e cóbrese con el o fondo do molde xunto con algúns petiscos de manteiga. Nunha fonte fonda mestúrase o queixo cunha xema de ovo, sálgase e bátese durante uns minutos. Esténdese unha capa desta mestura encima do xamón e coa masa sobrante fórmase nas beiras un cordón, esmagando ben coa punta dos dedos. Coa masa que se reserve fanse uns cordóns moi finos cós que se forma unha reixa na parte superior da costrada. Métese no forno quente e déixase cocer durante corenta minutos. Antes de cortala hai que deixala arrefriar.
CREMA DE AGUACATES
Ingredientes para 4 persoas:
2 aguacates ben maduros
40 g. de queixo do Cebreiro
1 ovo duro
1/2 l. de caldo de carne
1/4 l. de nata líquida
1 limón
sal
Preparación:
Pele os aguacates e quítelles os ósos. Páseos polo batedor co queixo, o caldo e o zume de limón ata obter unha crema suave. Quéntea, engada a nata e sazónea co sal. Sírvaa en cuncas de consomé salferida co ovo picado moi miúdo.
CREMA DE LEITUGA
Ingredientes para 4 persoas:
2 leitugas
80 g. de queixo do Cebreiro
2 patacas medianas
1/2 l. de leite
40 g. de manteiga
sal - pementa - perexil
Preparación:
Férvense as patacas partidas en auga con sal. Cócense as follas de leituga ó vapor. Pásanse polo batedor co queixo, as patacas, a manteiga e o leite ata obter unha crema fina; sazónase a crema con sal e pementa. Pode servirse quente con cadradiños de pan frito ou ben fría, zarrapicada con perexil picado.
CREMA DE LICOR Ó QUEIXO
Ingredientes para 4 persoas:
320 g. de queixo do Cebreiro
2 ovos
5 culleradas de azucre
3 culleradas de ron
1 cullerada de zume de laranxa
1 cullerada de zume de limón
1 sobre de vainilla
reladura de limón e laranxa
Preparación:
Mesture o queixo coas xemas de ovo, o zume de laranxa, o zume de limón e o ron. Bata as claras a punto de neve, engada o azucre e a vainilla e mesture coa preparación anterior. Reparta a crema en copas e adórneas coa reladura de limón e laranxa.
Publicado por Encarna Lago en 10:16 0 comentarios
Etiquetas: RECETAS EN GALEGO
COSTRADA DE QUEIXO DO CEBREIRO
COSTRADA DE QUEIXO DO CEBREIRO
Ingredientes para 4 persoas:
200 g. de fariña
100 g. de manteiga
100 g. de queixo do Cebreiro
2 ovos
1 copa de viño branco seco
unha presada de queixo relado
aceite
Preparación:
Fórmase un montonciño de fariña sobre a táboa, engádeselle a manteiga derretida, un chisco de sal e unhas culleradas de aceite. Amásanse ben todos os ingredientes durante uns dez minutos. Déixase repousar a masa nun recipiente tapado durante unha hora. Namentres bátense os dous ovos noutro recipiente, engádense dúas culleradas do queixo relado e un pouco de sal e dilúese a mestura co viño branco. Esténdese a masa co rodete e fórrase con ela o molde de 25 cm. de diámetro, untado de manteiga. Ponse enriba o queixo cortado en cadradiños e cóbrese cos ovos. Métese ó forno durante case corenta minutos. Déixase arrefriar ben a costrada.
Publicado por Encarna Lago en 10:15 0 comentarios
Etiquetas: RECETAS EN GALEGO
CANAPÉS CON QUEIXO DO CEBREIRO
Ingredientes para 4 persoas:
torradas
galletas salgadas
queixo do Cebreiro
Preparación:
Úntanse as torradas e as galletas co queixo e bótaselles algún dos seguintes ingredientes:
- leituga picada e noces
- perexil picadiño
- ameixas de California
- xamón York e perexil
Publicado por Encarna Lago en 10:14 0 comentarios
Etiquetas: RECETAS EN GALEGO
RECOGIENDO PREMIO DE CATA EN SAMOS
viernes, 18 de septiembre de 2009 | Publicado por Encarna Lago en 8:30 0 comentarios
Etiquetas: PREMIOS Y DISTINCIONES
Recreamos unha palloza e fixemos degustacións cos reposteiros de Lugo
Publicado por Encarna Lago en 7:18 0 comentarios
Etiquetas: Degustacions
O QUEIXO DO CEBREIRO A TRAVES DO COMIC
Publicado por Encarna Lago en 7:09 0 comentarios
Etiquetas: cursos
ENSALADAS E ENTRANTES-BOCADIÑOS DE XAMON E QUEIXO
BOCADIÑOS DE XAMÓN E QUEIXO
Ingredientes para 4 persoas:
12 rebandas de pan de molde
queixo do Cebreiro
100 g. de xamón de York
75 g. de manteiga
2 ovos
pan relado
aceite
Preparación:
Mesturamos a manteiga derretida coas xemas de ovo, o queixo e o xamón cortado en tiras finas. Untamos con esta pasta a metade das rebandas de pan, cubrímolas coas restantes e cortámolas en triángulos. Pasamos os bocadiños pola clara do ovo batida a punto de neve e fritímolos en aceite.
Publicado por Encarna Lago en 6:31 0 comentarios
Etiquetas: RECETAS EN GALEGO





