Recetas varias

CREMA DE QUEIXO DO CEBREIRO CON ANCHOAS




Ingredientes:



queixo do Cebreiro sen sal

1 lata de anchoas



Preparación:



Cóllense 3 ou 4 anchoas, pícanse moi miúdas e desfanse ben cun garfo.Nun recipiente fondo bótanse as anchoas desfeitas e un pouco de queixo do Cebreiro e esmágase todo cun garfo para obter unha pasta de aspecto cremoso. Vanse engadindo máis anchoas ó queixo e séguese traballando todo moi ben co garfo ata que a mestura adquira unha cor uniforme e non se noten os anaquiños de anchoa. Isto tamén se pode facer cun batedor. Próbase un pouco da mestura e engádeselle máis queixo ou máis anchoas segundo o gusto de cada un. Sérvese untada en anaquiños de pan de diferentes clases.







CREMA DE QUEIXO DO CEBREIRO CON NOCES E MEL



Ingredientes:



queixo do Cebreiro

unhas poucas noces

un pouco de mel



Preparación:



Pélanse as noces e pícanse en anaquiños moi pequenos. Cóllese un pouco de queixo e desfaise ben cun garfo ata que teña aspecto de crema. Engádenselle as noces ben picadas e vólvese mesturar todo moi ben. Repártese esta mestura sobre anaquiños de pan de diferentes clases e bótaselle o mel por enriba. Tamén se pode tomar como unha sobremesa, para isto sérvese a mestura de noces e queixo nun prato e ponse o mel por enriba.





CREMA DE QUEIXO DO CEBREIRO CON PEMENTOS



Ingredientes:



queixo do Cebreiro

1 lata de pementos morróns

un pouco de sal



Preparación:



Cóllese un pemento morrón, córtase en anaquiños moi pequenos e desfaise moi ben cun garfo. Bótase un pouco de queixo do Cebreiro nun recipiente fondo e reméxese moi ben esta mestura ata que non se noten os cachiños de pemento e a crema resultante presente unha cor uniforme. Engádese o sal, próbase e rectifícase ó gusto de cada un engadindo máis sal, pementos ou queixo. Sérvese untada en anaquiños de pan de diferentes clases.





CREMA DE QUEIXO DO CEBREIRO CON SALMÓN E GAMBAS



Ingredientes:



queixo do Cebreiro

salmón afumado

gambas

un pouco de sal



Preparación:



Cócense as gambas, pélanse e córtanse en anaquiños moi pequenos. Cóllese un pouco de queixo e desfaise cun garfo ata que teña aspecto de crema. Pícase o salmón e esmágase ben co garfo ata que estea ben desfeito. Mestúrase o queixo co salmón e séguese remexendo ata que case non se note o salmón. Bótanselle as gambas á mestura anterior e dáselle outra volta co garfo. Próbase e, segundo o gusto de cadaquén, bótaselle ou non un pouco de sal. Esta crema sérvese untada en anaquiños de pan de diferentes clases.

0 comentarios: