UNHA TRADICIÓN RECUPERADA POR QUEIXERIA CASTELO.

"¿Imaxinádesvos hoxe un Cebreiro sen peregrinos e sen queixo? Non é posible. A aldea de Santa Maria é un rebulir constante de romeiros e o queixo do Cebreiro é coñecido , recoñecido e demandado dentro e fóra de Galicia. Poderíase afirmar que asi como o camiño francés e a flor dos camiños,o queixo do Cebreiro figura, con mérito de seu, na pequena e imaxinaria cesta de vimbio que recolle simbolicamente a flor e tona dos queixos do mundo.
E se hoxe podemos asegurar iso, sen pecar de chauvinismo , é grazas ó labor da Queixería Castelo .
Xesús Pérez puxo andar o que en principio era unha aventura chea de incertezas e, a dia de hoxe , é unha realidade consolidade e en permanente proceso de expansión. Día a día gustarianos compartir con todos o pasado o presente e ... o futuro do noso queixo.

0 comentarios: