COSTRADA DE QUEIXO DO CEBREIRO

COSTRADA DE QUEIXO DO CEBREIRO




Ingredientes para 4 persoas:



200 g. de fariña

100 g. de manteiga

100 g. de queixo do Cebreiro

2 ovos

1 copa de viño branco seco

unha presada de queixo relado

aceite



Preparación:



Fórmase un montonciño de fariña sobre a táboa, engádeselle a manteiga derretida, un chisco de sal e unhas culleradas de aceite. Amásanse ben todos os ingredientes durante uns dez minutos. Déixase repousar a masa nun recipiente tapado durante unha hora. Namentres bátense os dous ovos noutro recipiente, engádense dúas culleradas do queixo relado e un pouco de sal e dilúese a mestura co viño branco. Esténdese a masa co rodete e fórrase con ela o molde de 25 cm. de diámetro, untado de manteiga. Ponse enriba o queixo cortado en cadradiños e cóbrese cos ovos. Métese ó forno durante case corenta minutos. Déixase arrefriar ben a costrada.

0 comentarios: